AVERIA
LAMENTO tener que posponer unas horas la bitácora de hoy. Otra avería del ordenador (me han dado ganas de estrellarlo contra la pared) cuando ya tenía todo el trabajo hecho, me ha hecho perder el texto. Espero arreglarlo y colgarlo lo antes posibles. Mis disculpas. PACO RIVERA
8 de Noviembre , 2015 - 22:10 pm
Lo nunca visto:
https://youtu.be/jul8krjPJwc
8 de Noviembre , 2015 - 22:15 pm
Buena versión de: Soy tonto por quererte. (desearte)
https://youtu.be/wXK9QvnBOR4
8 de Noviembre , 2015 - 22:18 pm
Hola desconocido.
https://youtu.be/n-1YWw3n4uo
8 de Noviembre , 2015 - 22:57 pm
” PRA CHE FALAR DE AMOR”
Pra dicilo sen moito requilorio, a canción era do Andresiño; as cousas coma son. Bueno, era e sígueo sendo. O que acontece é que o persoal apenas le a letra pequena, isa que nos libros e nos discos, indica autorías e sinala datas ao final dos textos.
O lerio foi que servidor apenas tiña catorce cando no curso dun daqueles eternos veráns en Vilanova de Arousa, llela escoitara cantar a un meu amigo ao redor dunha queimada na praia das Sinas.
As mozas caíron engaioladas ao instante, e Nacho Porto -hoxendía un dos ceramistas máis prestixiosos do país- hóuboa repetir tres veces aquela estrelada noite do mes de Xullo.
Tempo lle faltou, a quen isto subscribe, pra tomar nota do asunto. E
andei canto restaba de verán tralo amigo trovador, coa intención de que ma aprendera a tocar con xeito.
A canción en sí lles viña sendo, como toda canta prende no corazón, de tres acordes cunha pequena floritura. Cumpría, iso sí, impostar un algo a voz. Entoar como quen, musitando pesares, pasmara ante a beleza inmarcesíbel do marelecer outonal. Como quen gozando da presenza amorosa, non poidera prescindir pra ser feliz a eito, dunha certa dose de malencolía de futuro, isa que Manolo -un noso paisano cascarilleiro- dice que ha ser a puta morriña que caracteriza aos indíxenas do Noroeste Peninsular.
O caso era que o Andrés -Andrés Lapique Do Barro-, facíao como naide. O de engaiolar mozas, digo; cantando coma o que escribe desde o exilio a quen xace no cuarto do lado, chorando a distancia que pode haber, moito antes que haxa algo, sofrindo a felicidade do momento, porque non poderá ir máis que a peor.
Todo moi galaico. Todo grisalla. E todo moi outonal. Coa manifesta incapacidade de algunhas almas pra disfrutar do esplendor cromático da luz do outono, sen doerse de contínuo polo esvaemento do verán.
Pero os coitados tamén trunfan. Que non houbo outro, se mal non acordo, que acadara os éxitos do Andrés en toda España, cantando no idioma matrio.
Á petición da Medalla de honra que estes días se anda a solicitar pra o cantante de Ferrolterra, non podo por menos que me sumar.
E vén a conto, a paparruchada que hoxe conto, pra lle agradecer ao Do Barro- e, por ende, a Nacho Porto- a súa canción “Pra che falar de amor”. Que de tantas veces que a cantei, e en tantos distintos lugares, houbo quen supuxo era da autoría miña, malia as pertinaces aclaracións da letra pequena. Isa que case naide le ou escoita.
E será porque no fondo, algunhas das cousas que fan os artistas, fánnas coa xenerosidade de alma que teñen os grandes.
Pedía disculpas Borges -corríxanme o erro-, por ousar adiantarse en poñer, negro sobre branco, cousas que algúns dos seus lectores pensaran e interiorizaran con moita anterioridade.
Aseatodo, meus, as cousas como son. Ao Andrés o que é do Andrés, e a Brús Espríntin o de Garfunkel.
Trifón Caldereta
9 de Noviembre , 2015 - 0:45 am
Ánimo e paciencia.